miércoles, 21 de noviembre de 2012

Agora que estades aquí,  tede sentiño e probade a picar no seguinte enlace. Si non o facedes non o ides poder sentir.
Os sentidos

martes, 13 de noviembre de 2012

OS XOGOS POPULARES:

No seguinte enlace poderedes aprender máis sobre algúns dos xogos populares e practicar coas actividades que no colexio elaboramos sobre elas.

Agardamos que vos resulten interesantes.

miércoles, 7 de noviembre de 2012

MES DA CIENCIA


Novembro non é só un mes de tradicións (a matanza, os magostos, o Samaín) senón tamén, dende hai unha década, o mes da ciencia e, dende hai tres anos, o mes da ciencia e da tecnoloxía en galego.
Dende o blog queremos que vos animedes observar, pescudar , investigar e reflexionar.
 Aquí tedes un enlace moi interesante.


lunes, 5 de noviembre de 2012

XOGOS POPULARES

Neste mes de novembro pretendemos que os rapaces e rapazas do cole xoguen, no seu tempo de lecer, a  "novos" xogos, que por outra banda son de sobra coñecidos e sen embargo pouco practicados.
O primeiro paso é a busca de información. Por iso, picade nos enlaces e descubriredes estes "novos" xogos. 

OS XOGOS DE SEMPRE


Brinquedia, a Rede Galega do Xogo Tradicional, é unha entidade que procura
divulgar iniciativas encamiñadas á recuperación e conservación das actividades
lúdicas tradicionais.
Por tal motivo, convoca por oitavo ano consecutivo o Día do peón, o venres 9
de  Novembro,  dirixíndose  tanto  a  centros  educativos,  concellos  coma  a
entidades asociativas.

BRINQUEDIA. DÍA DO PEÓN

Ligazóns de interese

Non sabes xogar ao trompo?  Le neste enlace
Xogar ao trompo


jueves, 1 de noviembre de 2012

PREPARAMOS O MAGOSTO

O Magosto

O mes de novembro é o mes do Magosto, e son dúas as datas máis correntes para a súa celebración: o día 1 de novembro, festa de Tódolos Santos, ou o día 11, festa de San Martiño. Este mes de novembro tamén leva o nome deste santo.