jueves, 21 de febrero de 2013

Rosalía de Castro

O 24 de febreiro está recollido oficialmente como Día de Rosalía de Castro pola Consellería de Cultura e Educación no seu Calendario do Libro e da Lectura.
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega  (AELG) anima á cidadanía a agasallar un libro en galego e unha flor no día do nacemento de Rosalía de Castro.  Este ano ten unha especial relevancia ao se cumpriren 150 anos da publicación de Cantares Gallegos, o primeiro libro íntegro monolingüe do renacemento da nosa literatura culta. 

Dende o noso colexio quixemos colaborar nesta homenaxe co seguinte recitado:


COMO CHOVE MIUDIÑO


Para ver aos compañeiros doutros colexios que participaron nesta homenaxe, pinchade no seguinte enlace.

CANTARES GALLEGOS


Un grupo de escritoras galegas quixo unirse para continuar dando vida
a Rosalía. Así, organizándose a través das redes sociais, decidiron
colaborar na gravación dun vídeo colectivo no que teñen cabida
escritoras e non escritoras, nenas, mozas e vellas, feministas,
transfeministas, actrices, vendedoras, estudantes, afectadas polas
preferentes, libreiras, mulleres contra o maltrato, mestras, profesoras,
persoal sanitario, ecoloxistas... Mulleres falando de mulleres, e ao
tempo, falando de todos, falando dos que aquí e agora sofren. Este
vídeo coral pretende seguir o exemplo de conciencia e rebeldía da
grande escritora ao recitar os seus versos desde o presente.


ROSALÍA DE CASTRO - AELG