sábado, 22 de octubre de 2016

BASES DO CONCURSO "CONTOS DE TERROR"

Aquí están as bases do concurso para que as poidades consultar en caso de dúbida.
Recordade o máis importante:
  • Máximo dúas carillas.
  • Con algunha ilustración do conto.
  • Ten que ser de medo.
  • E o día máximo para entregalo é o venres 28 de outubro.

BASES CONCURSO “CONTOS DE TERROR”
Art. 1º. Poderán participar no concurso nenos e nenas de infantil e primaria.
Art. 2º. Cada neno / a poderá traer o conto da casa ou facelo no propio colexio co seu titor / a. Tamén (sobre todo en infantil ou 1º ciclo de primaria) poderán escribir un conto entre todo o grupo.
Art. 3º. A convocatoria é para contos breves. As historias poden estar ambientadas en calquera parte do Universo e poden narrar feitos reais ou imaxinarios. O tema é “de terror”.
Art. 4º. Os contos deben ser manuscritos. Cada participante poderá escribir un conto, con unha extensión máxima de dúas carillas. Tamén se valorará que se presenten acompañados de algunha ilustración do conto.
Art. 5º. Os contos poderán presentarse ata o día venres 28 de outubro, inclusive. Deberán ir co nome do neno / a, apelidos e curso.
Art. 6º. Seleccionaranse os mellores. Esta decisión será tomada polos membros do EDLG.
Art. 7º. En concepto de premio cada un dos participantes seleccionados recibirá un diploma mais a publicación do seu conto no “libro de contos de terror” que estará exposto na biblioteca do colexio.
Art. 8º. Os resultados serán anunciados o venres día 4 de novembro.
Art. 9º. Os contos seleccionados podrán ser expostos no blog “Eu falo... e ti?” do colexio.
O EDLG