domingo, 30 de noviembre de 2014

NADAL 2014


A CGENDL pon unha vez máis á disposición de todas e todos vós un monográfico dedicado á temática do Nadalhttp://coordinadoraendl.org/nadal/index.php. Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos que compartir coa comunidade educativa, recursos que seguiremos subindo nestes días vindeiros.
RECURSOS NADAL 2014

jueves, 20 de noviembre de 2014

Presentación do libro CANCIÓNS DA TERRA

O vindeiro venres día 21 de novembro o noso centro organizará a presentación do libro "Cancións da Terra". Este pequeno traballo é unha colaboración na que participaron diferentes membros da comunidade educativa do concello de Valga. Durante a xornada haberá distintos actos nos que destacamos:
- Unha representación musical a cargo do C.E.P. Xesús Ferro Couselo.
- Unha representación musical a cargo do C.E.I.P. Plurilingüe de Baño - Xanza.
- Ademáis esta prevista a asistencia do Alcalde do Concello de Valga o Sr. José María Bello Maneiro.
Aquí vos deixamos unha pequena escolma do traballo...