domingo, 30 de noviembre de 2014

NADAL 2014


A CGENDL pon unha vez máis á disposición de todas e todos vós un monográfico dedicado á temática do Nadalhttp://coordinadoraendl.org/nadal/index.php. Esta páxina especial contén unha escolma de recursos e materiais elaborados por docentes, equipos de normalización lingüística, centros escolares, institucións e asociacións, tales como unidades didácticas, actividades en liña, manualidades, vilancicos, contos, o refraneiro, propostas de agasallos en galego, etc. Coma sempre, agardamos que este contedor de recursos vos sexa de proveito nas aulas e pedímosvos a vosa colaboración para achegar novos recursos que compartir coa comunidade educativa, recursos que seguiremos subindo nestes días vindeiros.
RECURSOS NADAL 2014

No hay comentarios:

Publicar un comentario